21 dic 2011

Festival de Nadal.

Hoxe despedimos o trimestre co festival. Aquí temos un pequeno resumo en imaxes. Despois viñeron os Reis a repartir chuches e recoller cartas. Felices Pascuas para tod@s.

Momentos co tangram.

Algunhas cousas que facemos co tangram están recollidas nesta presentación.

19 dic 2011

Outro abeto de origami.

Este modelo utilizámolo para adornar a entrada da aula. É moi sinxelo, só hai que repetir o módulo varias veces. Neste enlace
podedes seguir os pasos.

17 dic 2011

Preparando bocatas.

Unha actividade do libro de L. galega mandábanos escribir unha receita dun bocadillo. Primeiro, logo de lavar as mans, preparamos os bocatas por parellas, comímolos (estaban riquísimos!), falamos sobre as substancias nutritivas que nos aportaban e finalmente no caderno escribimos a receita e ilustrámola. Agora na casa, xa podemos nós preparar os bocatas!

16 dic 2011

Paisaxe invernal.

Dentro de cinco días comeza o inverno. Para decorar o corredor, creamos estas paisaxes invernais cheas de neve e motivos navideños.

Árbore de Nadal.

Adornamos a árbore entre todos e, aínda que é pequeniña, quedounos ben bonita. O traballo en equipo é estupendo! Aprendemos que a unión fai a forza, que nos divertimos e que o resultado nos deixa satisfeitos.

14 dic 2011

Poesía de Carmen Gil Martínez.

No libro de Castelán traballamos o poema Tantarantán de Garmen Gil.
Tantarantán,
tantarantano.
El gusano
requetetemprano
saluda a su hermano.
...
Aquí tedes un enlace para descubrir un montón de obras da autora. Logo podemos buscalas na biblioteca para levar prestados os libros á casa.

Neste vídeo podemos aprender outro dos seus poemas.

9 dic 2011

Festa de despedida.




Hoxe fixemos unha pequena festa para despedir aos tres compañeiros que nos deixan este trimestre.
Aproveitamos para darlles un pequeno agasallo e desexarlles todo o mellor.
Unha forte aperta e moitísimos bicos!!
Lembrade que en Ares tedes un montón de amig@s!!

3 dic 2011

Os tres porquiños.

Quen non coñece a historia dos tres porquiños?



Pero para coñecer a verdadeira historia, iremos ao teatro esta semana.
O grupo Andamio representará para o noso cole ese conto no casino.

Con quen xogan os lobetos?


Nesta fermosa obra da artista Judy Larson hai algo escondido. Atópalo?

1 dic 2011

Empeza decembro.


Neste mes despedimos o outono, chega o inverno, o Nadal,... hai que cambiar a decoración do corredor e para non esquecer todo o que fixemos no outono preparamos esta montaxe.

28 nov 2011

Folerpas de papel.





Encántannos as folerpas de papel en 1º ciclo. Cada unha é unha sorpresa!
Entre os catro cursos cubrimos a árbore da entrada cunha capa de neve e logo iremos adornándoa para o Nadal.

26 nov 2011

Abeto de origami.





Por se queredes facelo na casa, aquí tedes as instruccións.
Nós o fixemos para decorar unha das tapas do noso bloc de fichas do 1º trimestre.

22 nov 2011

Máis sobre a alimentación.



Máis xogos sobre a alimentación, tipos de alimentos,orixe dos mesmos, etc.
Para segundo e para primeiro.

Este xogo dos alimentos é ben divertido.
E se vos apetece un xogo con acento arxentino aquí tedes.

19 nov 2011

Solución ao Vexo...


Era ben doado.
Había:
un elefante, un cabalo, un can, un gato, un rato e un mono.
Moi ben !!
Acerto pleno de todo o alumnado, dende 1º a 6º.

Xogando co Tangram.

O antigo xogo chinés que estimula a creatividade e que podemos aproveitar para o ensino das matemáticas introducindo conceptos de xeometría plana, desenrolando capacidades psicomotrices e intelectuais, mellorando a paciencia, concentración,etc.

">Neste video podemos aprender a facer un en cartolina ou papel.

Neste enlace podemos xogar con el.
Ou nestrouto tamén.

Este enlace xa o puxemos nunha entrada anterior por se queremos facer un na casa .

Nós estamos empezando con el; aprendemos a facelo en papel, xogamos cos artesanais facendo moitas cousas:
-representar figuras dadas
-construir figuras coas 7 pezas: cadrado, triángulo, rectángulo. Medir os seus lados.
-facer paralelogramos con 2, 3, 4, ou 5 pezas.
-transformar un rectángulo de 7 pezas nun paralelogramo.
-transformar un cadrado de 7 pezas nun triángulo.
...

13 nov 2011

Vexo...


O desta semana é moi sinxelo, para que poidan participar os pequerrechos do cole.
Que animais podedes ver no debuxo?
Introducide as vosas respostas na caixa do Vexo.

12 nov 2011

Magosto.




Onte fixemos o magosto na escola; cada ciclo preparou algo especial para a festa:
cestiñas para as castañas, coleccións de follas e traballos de plástica con elas, produtos do outono e elaboración de receitas, degustacións, rimas , refráns e cantigas, xogos artesanais, traballos de plástica,...
Despois de comer as castañas e festexar cos compañeiros, cada curso fixo o percorrido por todas as exposicións.

Vexo...




Animais agochados:
1-gaivota 2-oso 3-león 4-cervo 5-rinoceronte 6-quenlla 7-lobo 8-xirafa
9-tartaruga 10-elefante 11-coello 12-esquío.

Noraboa a tod@s!

11 nov 2011

Obradoiro de xogos.





Despois da visita a Brinquedos, e como parte da celebación do Magosto, o noso ciclo
preparou este pequeno obradoiro de xogos tradicionais.
Usando materiais de refugallo, froitos secos e pouco máis fixemos un papacastañas, unha carreira de noces, moitos encestacastañas e variedade de tres en raia.
Montamos unha pequena exposición no pasillo e agora a xogar.


9 nov 2011

Chega o Magosto do cole.


Este venres facemos o Magosto no cole.
As protagonistas da festa son as castañas asadas. Esta cantiga popular podemos cantala:

Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto;
non chas quero, non chas quero
que me cheiran ó chamosco.

5 nov 2011

Atopar cousas agochadas.


É un pasatempo antigo que segue gustando.
Que vos parece se xogamos?
Hoxe propoñemos atopar animais neste poster do zoo de Budapest de Käla Czupi.
Manda un comentario coa túa resposta escribindo os nomes dos animais atopados. Tamén podes escribir unha notiña e deixala no pasillo de 1º ciclo. O vindeiro sábado poñeremos a solución.
Clica na imaxe para vela ampliada.