31 mar 2012

Os maiores representan Cincenta para nós!

Este venres un grupo de compañeir@s de secundaria representaron para todos nós a Cincenta de Contos en verso para nenos perversos.
Fixérono de marabilla! Gustounos moitísimo!
Moitas grazas chic@s!

28 mar 2012

Flores.

Este traballo fixémolo como portada  do  bloc de fichas do 2º trimestre.
As flores están feitas con papel charón e papel de revista.

A presentación de Kizoa hai que disfrutala a pantalla completa e coa música de Vivaldi.

21 mar 2012

21 de marzo-Día internacional da poesía.

Para lembrar este día escoitamos na clase a Cincenta de Roald Dahl do seu libro "Contos en verso para nenos perversos". Na mesma obra está Caperu, Riciños, os tres porquiños,...
Queremos seguir lendo máis cousas deste autor. A vindeira semana os maiores da ESO téñennos preparada unha sorpresa con este conto. Que será?











Neste video o tedes en versión orixinal e cos estupendos debuxos de Quentin Blake.

20 mar 2012

Osiño-lapiceiro.





Fixémolos reutilizando materiais: cartón de leite, papel, restos dos disfraces e xa está.
Son unha gran pandilla de osiños pardos!

16 mar 2012

10 mar 2012

Aprendendo o reloxo.

Con estes recursos aprenderemos o reloxo con facilidade.
Neste traballamos cos minutos.
Este tamén está ben. (Clicade nas palabras en vermello).

A pota que trota.

Outro conto para disfrutar!

Encantounos o final; algún dixo que a pota era coma Robin Hood.
As nosas caras o din todo!!

9 mar 2012

Os nosos leóns.

Traballando o tema do Antroido e con restos que quedaron dos disfraces fixemos estes traballos en artística.

8 mar 2012

8 de marzo- Día da muller traballadora.

Este conto lémolo hoxe para falar do reparto de tarefas na nosa casa. Nós axudamos a poñer a mesa, facemos a cama, somos pinches de cociña nalgunhas ocasións,... non somos coma Miguel e Antón ,que ao principio, non axudaban na casa. Sabemos que temos que cooperar!!


Animádevos a lelo!

Na biblioteca, no recreo, tamén poidemos ver outros contos para festexar este día.

1 mar 2012

Museo do Humor- Parque de Educación viaria (Fene).

Esta semana os catro cursos do noso ciclo fomos facer unha visita a estas instalacións de Fene.

No Museo do Humor aprendimos sobre os dereitos dos nenos a través da mirada de varios ilustradores, coñecimos algúns dos personaxes de X. Marín, vimos interpretacións de cadros famosos, fixemos un pequeno obradoiro,... e desfrutamos cos espellos e a sala de humor negro.

Aos compañeiros de 2ºA gravounos a TVG. Seguindo este enlace iremos ao video do programa e no minuto 23 podemos vernos.

No Parque de Educación viaria fixemos unha parte teórica e logo outra práctica coas bicis e os coches.
Os de 2º xa notamos que cometemos menos infraccións có ano pasado.
Encantounos esta saída! As instalacións magníficas, @s monitor@s amabilísimos, un tempo estupendo,...  XENIAL!!

26 feb 2012

O ciclo da auga.

Estes vídeos axudaránnos a entender mellor o ciclo da auga que estamos estudando en coñecemento
do medio:

25 feb 2012

Buscando raposos.

Cantos raposos hai agochados no debuxo?

Preme no debuxo para velo ampliado.
Este é o blog do ilustrador por se queredes botar unha ollada.

17 feb 2012

Festa do ANTROIDO.

Había unha vez un circo...

Aquí estamos preparándonos para saír pola vila.

Leóns. - foto montaje






Este vídeo preparouno Blanca, a nosa directora, e quedou moi chuli!


E logo saímos polas rúas de Ares acompañados por moitísima xente!

15 feb 2012

14 feb 2012

Rematando os disfraces.

Primeiro ciclo somos as feras do circo (elefantes, tigres, cebras e leóns); xa case temos todo listo despois de moitos traballos.
Cantos modelos diferentes podemos facer con bolsas de plástico, cartolinas, papel adhesivo e pouco máis.
Quedáronnos ben bonitos!!

13 feb 2012

Primeiro mandado.

Para mañá martes, o entroido fainos este mandado:

Se non queres meter a pata
trae posta unha gravata.

A gravata pode ser de papel, plástico, tea, etc; decorádea ao voso gusto e xa está.
E coma somos moi mandadiños
 aquí estamos engravatadiños.


Táboa do 2.

Empezamos coas táboas:

Neste enlace podedes practicar para aprender a táboa do 2.
Neste elixe o resultado correcto e comproba se xa a sabes.

9 feb 2012

Manuelita.

A nosa tartaruga favorita!
Fermosa canción de María Elena Walsh que nos encanta cantar e tamén debuxar mentras a cantamos.
Aquí tedes as nosas Manuelitas.

2 feb 2012

Primeiro aniversario!!

Hoxe celebramos o primeiro ano do noso blog. Felicidades



para tod@s, porque entre tod@s facemos posible a súa existencia!!

30 ene 2012

Día escolar da Paz e a non Violencia.

Fixemos moitas cousas para celebralo: Fomos á sala de usos múltiples para ver unha obra representada polos compañeiros da actividade de teatro da ANPA. Uns extraterrestres fixéronnos reflexionar sobre as diferenzas entre os países ricos e os pobres.
Máis tarde, nas aulas, unhas compañeiras de 6º contáronnos un conto e repartiron as pegatinas feitas polos compañeiros de secundaria para a conmemoración.
Tamén fixemos murais cheos de pombas picassianas no noso corredor e outras actividades como decoración.
Foi un día moi completo!!

26 ene 2012

Vexo...

Despois dunhas semanas sen xogo,esta é a nova proposta. Cantos osos parecen asustar a este guerreiro indio? Mirade ben!!
A ilustración é da estupenda artista Bev Doolittle (clicando no seu nome tedes un enlace para ver parte da súa obra).

25 ene 2012

Cincenta.

Hoxe fomos ao Pazo da Ópera os oito cursos de 1º e 2º ciclos de Primaria. A Orquestra Sinfónica de Galicia ofreceunos o clásico relato versionado por Rossini e con arranxos de Albert Romaní nunha ópera adaptada. Un espectáculo de música escénica que nos encantou. Tamén estivemos no parque de Santa Margarita, onde merendamos e xogamos. Portámonos moi ben e estivemos atentos e caladiños! Neste vídeo podedes lembrar a ópera. E nesta montaxe fotográfica distintos momentos da saída.

14 ene 2012

Despedida.

Fixemos unha pequena festa de despedida para outra compañeira que tamén marchou para Cataluña. Démoslle un pequeno agasallo para que nos recorde. Boa sorte e ata sempre!

11 ene 2012

Máis sobre os animais.

Seguimos aprendendo moitas cousas sobre o reino animal. Neste enlace hai información sobre a fauna ibérica. Nestoutro información moi ben explicada sobre os insectos .

6 ene 2012

Feliz día de Reis.

As vosas profes de Primeiro Ciclo deséxanvos un día moi feliz! Seguro que os Reis Magos deixaron case todo o que tiñades pedido; hoxe vos espera un día moi emocionante, cheo de sorpresas, agasallos,etc.
E para ir poñéndonos en forma outra vez, uns poucos xogos. Que vos parecen?