
O xoves fomos os dous segundos (os compañeiros de primeiro irán máis adiante) ao CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela. No seu centro de interpretación de xogos tradicionais pasamos unhas horas estupendas e intensas, nas que só paramos un ratiño a merendar.
Recibíronnos dous profes e un grupo de nen@s de 2º que foron os monitores dos xogos que fixemos e uns magníficos anfitrións .
Empezamos coa
Cadea e
Cacerola para ir quentando.
Logo fixemos grupos de 6 e 7 para ir pasando polos outros 6 xogos que había no patio:
a
corda, a
Mariola, o
peón, as
chapas, a
zorregada co cinto e os
zancos.
Teñen moitos máis xogos, pero en cada visita fanse uns poucos.
Como ía mal tempo, tivemos que facelos no patio cuberto en vez de na pista ao aire libre.
Gustounos tanto a visita que nós tamén queremos un patio cheo de xogos!