Hoxe fomos ao casino a ver o espectáculo do mago Benxamín que contratou a ANPA do noso cole. Gustounos moito e desfrutamos dos distintos números de maxia que fixo coa axuda de nenos, nais e profes.
30 sept 2011
29 sept 2011
28 sept 2011
O almorzo a comida máis importante!




Neste enlace do xornal de hoxe recórdannos a importancia desta primeira comida do día e o número tan elevado de escolares que fan un mal almorzo.
Nas aulas sabemos por experiencia que ás veces xa na segunda sesión hai queixas de que teñen fame.
Recordade, para ben traballar, ben hai que almorzar!
27 sept 2011
26 sept 2011
23 sept 2011
Outono.
20 sept 2011
O corpo humano.

Neste xogo podemos aprender nomes das partes do corpo, os seus aparatos e sistemas, os sentidos, etc.
(clica nas palabras en vermello).
E neste outro enlace moitos xogos máis para aprender máis cousas do noso corpo.
E se queremos aprender algúns ósos e músculos, este é o xogo.
Se queredes un esqueleto para recortar e armar, aquí tedes un precioso que poderedes utilizar no Samaín como decoración da porta do voso dormitorio; pedidelle axuda a mami ou papi!
13 sept 2011
Durmir as horas necesarias.

Nas recomendacións de principio de curso, sempre falamos da importancia de durmir as horas necesarias para o alumnado deste ciclo.
Na Voz de Galicia de hoxe, fálase dun estudio de dúas universidades catalanas que constata que durmir menos de 9h. afecta ao rendimento escolar.
Se premedes no enlace en vermello podedes ler a noticia completa (ten algún cazapo).
11 sept 2011
Presentación do novo curso.
4 sept 2011
Máis sobre o corpo humano.


Para aprender os nomes das partes do corpo visita a páxina Wikibooks.
Neste enlace unha sopa de letras dos ósos.
Este tamén está ben.
Aquí podemos repasar os músculos.
Para aprender un montón de cousas sobre o esqueleto.
E aquí en Vedoque tamén repasaremos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







