Fixemos moitas cousas para celebralo:
Fomos á sala de usos múltiples para ver unha obra representada polos compañeiros da actividade de teatro da ANPA.
Uns extraterrestres fixéronnos reflexionar sobre as diferenzas entre os países ricos e os pobres.
Máis tarde, nas aulas, unhas compañeiras de 6º contáronnos un conto e repartiron as pegatinas feitas polos compañeiros de secundaria para a conmemoración.
Tamén fixemos murais cheos de pombas picassianas no noso corredor e outras actividades como decoración.
Foi un día moi completo!!
30 ene 2012
26 ene 2012
Vexo...
Despois dunhas semanas sen xogo,esta é a nova proposta.
Cantos osos parecen asustar a este guerreiro indio?
Mirade ben!!
A ilustración é da estupenda artista Bev Doolittle (clicando no seu nome tedes un enlace para ver parte da súa obra).
25 ene 2012
Cincenta.
Hoxe fomos ao Pazo da Ópera os oito cursos de 1º e 2º ciclos de Primaria.
A Orquestra Sinfónica de Galicia ofreceunos o clásico relato versionado por Rossini e con arranxos de Albert Romaní nunha ópera adaptada.
Un espectáculo de música escénica que nos encantou.
Tamén estivemos no parque de Santa Margarita, onde merendamos e xogamos.
Portámonos moi ben e estivemos atentos e caladiños!
Neste vídeo podedes lembrar a ópera.
E nesta montaxe fotográfica distintos momentos da saída.
18 ene 2012
Vertebrados e invertebrados.
Para dar un último repasiño aos animais, aquí tedes estes enlaces (clica nas dúas palabras en vermello).
.
.
14 ene 2012
Despedida.
Fixemos unha pequena festa de despedida para outra compañeira que tamén marchou para Cataluña.
Démoslle un pequeno agasallo para que nos recorde.
Boa sorte e ata sempre!
11 ene 2012
Máis sobre os animais.
Seguimos aprendendo moitas cousas sobre o reino animal.
Neste enlace hai información sobre a fauna ibérica.
Nestoutro información moi ben explicada sobre os insectos
.
6 ene 2012
Feliz día de Reis.
As vosas profes de Primeiro Ciclo deséxanvos un día moi feliz!
Seguro que os Reis Magos deixaron case todo o que tiñades pedido; hoxe vos espera un día moi emocionante, cheo de sorpresas, agasallos,etc.
E para ir poñéndonos en forma outra vez, uns poucos xogos. Que vos parecen?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










