Fixemos moitas cousas para celebralo:
Fomos á sala de usos múltiples para ver unha obra representada polos compañeiros da actividade de teatro da ANPA.
Uns extraterrestres fixéronnos reflexionar sobre as diferenzas entre os países ricos e os pobres.
Máis tarde, nas aulas, unhas compañeiras de 6º contáronnos un conto e repartiron as pegatinas feitas polos compañeiros de secundaria para a conmemoración.
Tamén fixemos murais cheos de pombas picassianas no noso corredor e outras actividades como decoración.
Foi un día moi completo!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario