21 dic 2011

Festival de Nadal.

Hoxe despedimos o trimestre co festival. Aquí temos un pequeno resumo en imaxes. Despois viñeron os Reis a repartir chuches e recoller cartas. Felices Pascuas para tod@s.

Momentos co tangram.

Algunhas cousas que facemos co tangram están recollidas nesta presentación.

19 dic 2011

Outro abeto de origami.

Este modelo utilizámolo para adornar a entrada da aula. É moi sinxelo, só hai que repetir o módulo varias veces. Neste enlace
podedes seguir os pasos.

17 dic 2011

Preparando bocatas.

Unha actividade do libro de L. galega mandábanos escribir unha receita dun bocadillo. Primeiro, logo de lavar as mans, preparamos os bocatas por parellas, comímolos (estaban riquísimos!), falamos sobre as substancias nutritivas que nos aportaban e finalmente no caderno escribimos a receita e ilustrámola. Agora na casa, xa podemos nós preparar os bocatas!

16 dic 2011

Paisaxe invernal.

Dentro de cinco días comeza o inverno. Para decorar o corredor, creamos estas paisaxes invernais cheas de neve e motivos navideños.

Árbore de Nadal.

Adornamos a árbore entre todos e, aínda que é pequeniña, quedounos ben bonita. O traballo en equipo é estupendo! Aprendemos que a unión fai a forza, que nos divertimos e que o resultado nos deixa satisfeitos.

14 dic 2011

Poesía de Carmen Gil Martínez.

No libro de Castelán traballamos o poema Tantarantán de Garmen Gil.
Tantarantán,
tantarantano.
El gusano
requetetemprano
saluda a su hermano.
...
Aquí tedes un enlace para descubrir un montón de obras da autora. Logo podemos buscalas na biblioteca para levar prestados os libros á casa.

Neste vídeo podemos aprender outro dos seus poemas.

9 dic 2011

Festa de despedida.




Hoxe fixemos unha pequena festa para despedir aos tres compañeiros que nos deixan este trimestre.
Aproveitamos para darlles un pequeno agasallo e desexarlles todo o mellor.
Unha forte aperta e moitísimos bicos!!
Lembrade que en Ares tedes un montón de amig@s!!

3 dic 2011

Os tres porquiños.

Quen non coñece a historia dos tres porquiños?



Pero para coñecer a verdadeira historia, iremos ao teatro esta semana.
O grupo Andamio representará para o noso cole ese conto no casino.

Con quen xogan os lobetos?


Nesta fermosa obra da artista Judy Larson hai algo escondido. Atópalo?

1 dic 2011

Empeza decembro.


Neste mes despedimos o outono, chega o inverno, o Nadal,... hai que cambiar a decoración do corredor e para non esquecer todo o que fixemos no outono preparamos esta montaxe.