11 oct 2011

O horto escolar.















Hoxe comezamos a aventura do horto escolar traballando no invernadoiro municipal.
Empezamos cavando a terra, limpando de pedriñas, alisándoa,etc.
Despois regamos un pouco e comezamos a plantar repolos e leitugas. Sementamos tamén uns porros. Acabamos regando outra vez.
Logo os encargados do invernadoiro, que son moi amables e atentos con nós, regaláronnos uns caraveis.
Ía moita calor e chegamos ao cole algo cansos, pero foi estupendo!




No hay comentarios:

Publicar un comentario