14 feb 2012

Rematando os disfraces.

Primeiro ciclo somos as feras do circo (elefantes, tigres, cebras e leóns); xa case temos todo listo despois de moitos traballos.
Cantos modelos diferentes podemos facer con bolsas de plástico, cartolinas, papel adhesivo e pouco máis.
Quedáronnos ben bonitos!!

13 feb 2012

Primeiro mandado.

Para mañá martes, o entroido fainos este mandado:

Se non queres meter a pata
trae posta unha gravata.

A gravata pode ser de papel, plástico, tea, etc; decorádea ao voso gusto e xa está.
E coma somos moi mandadiños
 aquí estamos engravatadiños.


Táboa do 2.

Empezamos coas táboas:

Neste enlace podedes practicar para aprender a táboa do 2.
Neste elixe o resultado correcto e comproba se xa a sabes.

9 feb 2012

Manuelita.

A nosa tartaruga favorita!
Fermosa canción de María Elena Walsh que nos encanta cantar e tamén debuxar mentras a cantamos.
Aquí tedes as nosas Manuelitas.

2 feb 2012

Primeiro aniversario!!

Hoxe celebramos o primeiro ano do noso blog. Felicidades



para tod@s, porque entre tod@s facemos posible a súa existencia!!

30 ene 2012

Día escolar da Paz e a non Violencia.

Fixemos moitas cousas para celebralo: Fomos á sala de usos múltiples para ver unha obra representada polos compañeiros da actividade de teatro da ANPA. Uns extraterrestres fixéronnos reflexionar sobre as diferenzas entre os países ricos e os pobres.
Máis tarde, nas aulas, unhas compañeiras de 6º contáronnos un conto e repartiron as pegatinas feitas polos compañeiros de secundaria para a conmemoración.
Tamén fixemos murais cheos de pombas picassianas no noso corredor e outras actividades como decoración.
Foi un día moi completo!!

26 ene 2012

Vexo...

Despois dunhas semanas sen xogo,esta é a nova proposta. Cantos osos parecen asustar a este guerreiro indio? Mirade ben!!
A ilustración é da estupenda artista Bev Doolittle (clicando no seu nome tedes un enlace para ver parte da súa obra).

25 ene 2012

Cincenta.

Hoxe fomos ao Pazo da Ópera os oito cursos de 1º e 2º ciclos de Primaria. A Orquestra Sinfónica de Galicia ofreceunos o clásico relato versionado por Rossini e con arranxos de Albert Romaní nunha ópera adaptada. Un espectáculo de música escénica que nos encantou. Tamén estivemos no parque de Santa Margarita, onde merendamos e xogamos. Portámonos moi ben e estivemos atentos e caladiños! Neste vídeo podedes lembrar a ópera. E nesta montaxe fotográfica distintos momentos da saída.

14 ene 2012

Despedida.

Fixemos unha pequena festa de despedida para outra compañeira que tamén marchou para Cataluña. Démoslle un pequeno agasallo para que nos recorde. Boa sorte e ata sempre!

11 ene 2012

Máis sobre os animais.

Seguimos aprendendo moitas cousas sobre o reino animal. Neste enlace hai información sobre a fauna ibérica. Nestoutro información moi ben explicada sobre os insectos .

6 ene 2012

Feliz día de Reis.

As vosas profes de Primeiro Ciclo deséxanvos un día moi feliz! Seguro que os Reis Magos deixaron case todo o que tiñades pedido; hoxe vos espera un día moi emocionante, cheo de sorpresas, agasallos,etc.
E para ir poñéndonos en forma outra vez, uns poucos xogos. Que vos parecen?

21 dic 2011

Festival de Nadal.

Hoxe despedimos o trimestre co festival. Aquí temos un pequeno resumo en imaxes. Despois viñeron os Reis a repartir chuches e recoller cartas. Felices Pascuas para tod@s.